Cinespain homenaxea ao audiovisual galego polo Día das Letras Galegas

Coincidindo coa data de edición de Cantares Galegos, o libro da máis recoñecida autora galega Dona Rosalía de Castro, cada 17 de maio os galegos celebramos a nosa lingua, a nosa cultura literaria e defendemos a coexistencia de dúas línguas no mesmo espazo. Eu mesmo creo que é un privilexio o poder expresarme coa mesma facilidade en dúas línguas diferentes e que as linguas son culturas e non armas arroxadizas. Ata que entendamos isto e que a defensa das linguas minoritarias é unha obriga o debate seguirá sendo se a túa cova é máis bonita ca miña. As linguas son culturas e como tal é unha fortuna o ter máis de unha ou de dúas.Vivan as linguas do Estado!

Este ano 2021, adicado a poetisa Xela Arias gustaríame homenaxear esta data cunha pequena selección do máis destacado do audiovisual galego que deu forza a productos galegos en producción e idioma.

Sempre Xonxa, a pioneira.

Custa un pouco entender que elixa como pioneira unha película que é de 1989, pero é que a película de Chano Piñeiro foi o momento en que se viu que unha película falada en galego, cunha historia eminentemente galega, de difícil comprensión fora das fronteiras galegas podía chegar a estrearse e conseguir converterse nunha película de culto dentro da cultura galega. A súa estrea coincide ademáis coas das outras dúas películas galegas inciáticas: Urxa e Continental, pero sen dúbida a de Piñeiro foi a que pasou a cultura popular máis claramente. A historia de Xonxa nunha aldea remota e as súas relacións con dous homes.A emigración, miseria e o folclore mistúranse na historia. Uxía Blanco fíxose inmortal como Xonxa que será sempre unha das imaxes da muller no audiovisual galego.

Pratos combinados, comezamos a ver a nosa televisión sen complexos

En 1986 comezaba a emitir a TVG, a televisión autonómica galega e o facía con programas moi definidos de cara a un público de idade avanzada,de carácter conservador (disto aínda non se desperezou) con pouca variación de contidos e centrada en novas de actualidade un tanto local e insólita. Pero foi no 1995 cando unha serie creada por Xosé Cermeño rompeu as barrerias de idades porque todos ríamos ao unísono ante as peripecias de Miro e o seu cuñado Antón que, utilizando a idiosincrasia galega andaban sempre metidos en negocios turbios, ideas peregrinas, aventuras hilarantes todo de carácter moi branco e cun humor de sal gorda que facía as delicias dun público con ganas de risa fácil. A idea era básica: dous emigrantes retornados que abren un bar que éo escenario onde ocorren os conflictos cada vez máis absurdos, sobre todo cando aparece Antón, o irmán dela que “traballa” na Caixa de Aforros pero pasa máis tempo no Suizo que no choio. Unha serie de humor familiar que rompeu moldes e incrementou o noso vocabulario con frases como “Pero cuñadooooooo” o “Ti cala miñoca”.

O finado Ernesto Chao,a xenial figura de Antonio Durán “Morris”, María Vázquez facían parte dun reparto que quedou ligado para sempre a cultura galega.Pratos Combinados deu lugar a moitos “fillos adoptivos” con máis ou menos sorte como 4º sen ascensor, Air Galicia, Terra de miranda, Os Atlánticos.

Mareas vivas o cumio das series galegas

En 1998 chegou aque ata agora é o maior fito dunha serie da TVG e como non tiña que vir da man dun dos máis grandes da cultura galega Antón Reixa. As familias galegas agardaban as noites dos luns para velo novo capítulo do que acontecía en Portozás, una vila mariñeira (de ficción) na que partindo dos amoríos entre o xuíz recén chegado e unaha parroquiana pululaban unha serie moi coral de personaxes cuxa construcción soábanos a todos os habitantes da Galicia, e moito máis dos que eramos de costa. Todos coñeciamos a un Petróleo trala barra do bar, o furtivo Currás, o contacontos Melgacho. En todos os pobos hai unha Pitusa, unha María, unha Belinda e unha Celia amalgama de mulleres galegas tan tópicas como reais. Era a Galicia que coñeciamos, estaba ben interpretada, había un bo traballo detrás e a xente xa non tiña complexo de falar nos cafés, nos recreos e nas oficinas do que acontecerá a noite anterior en Portozás. Foi algo único no audiovisual galego e foi que abriu as portas de todo o que viu despois: Libro de familia, As leis de Celavella, A vida por diante

O reparto da serie é hoxe en día histórico: Luis Tosar, Luis Zahera, Miguel de Lira, Carlos Blanco, Isabel Blanco, Manuel Lourenzo, Monti Castiñeiras e o debut dun cativo Martiño Rivas.

Os froitos: Matalobos, Serramoura, Padre Casares

O gran resultado de Mareas Vivas deu pulo a que TVG arriscara vendo que había un público que lle pedía historas de aquí con sabor de aquí. De aqueles polvos chegaron Matalobos, que foi a primeira serie en abordar o narcotráfico como problema latente en Galicia. Con Serramoura deuse o paso a o thriller onde un asasinato volveu a audiencia adicta ata a súa resolución. Pero tamén seguíamos sendo uns fans do humor fácil e sobre nós mesmos. Rimos cada semana coas peripecias de Horacio Casares, o cura recén chegadoa Loureda, outra vila mariñeira con personaxes de todo tipo,sempre exaxerados e gritóns. Así a serie creada por Ramón Campos Padre Casares colleitou moi boas audiencias na súa emisión.

O Apóstolo, a animación galega en primeira liña

Xa con menos ruido mediatico e sobre todo do público,0 2021 marcou un fito histórico no audiovisual galego. Foi oano en que chegou a primeira película en strop-motion en España e a que iniciou a Galicia no que se convertiu hoxe, unha das potencias europeas do sector de animación. Aquela película dirixida por Fernando Cortizo, O Apóstolo, premio do público no prestixioso Festival de Annecy (élite no sector) permitiu que se produciran e asentaran productoras de animación dando como resultado: Arrugas, Psiconautas, De profundis, A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, O bosque animado, O Cid: a lenda, Pinocho 3000, Pérez o ratiño dos teus soños, Donkey Xote ou Copito de nieve.

O que arde como cumio a un traballo duro

Terna para entrar nos Óscar, candidaturas importantes nos Goya, Premio en Cannes foi a recompensa que O que arde conseguiu apañar na súa carrerira crítica mentres que na taquilla case medio millón de euros. Un auténtico miragre o que conseguiu Oliver Laxe coa súa película pero é que o filme abriu os corazóns e as cabezas de moitos espectadores galegos que acolleron unha “rara avis” nas carteleiras como unha película que indubidablemente nos representa e conta unha parte da nosa idiosincrasia que uníase na figura de Benedicta. Foi un miragre, sí, pero se miramos algún antecendente destes últimos anos puidemos ver como o público galego cada vez consume máis (de forma moi feble aínda) producto galego, falado en galego con historias galegas.

A sorprendente recadación en taquilla dunha obra como A esmorga, a adaptación de Blanco Amor feita por Ignacio Vilar, xa foi indicativo de que había terra por arar. A chamada de atención a nivel crítico de Dhogs de Andrés Goteira abría o cinema galego a novos horizontes. Documentales como Trinta Lumes ou Esquece Monelos avisaban de que se facían ben as cousas e oferta variada como Ons, Longa noite, Eroski-Paraiso, A estación violenta, … facían que o audiovisual galego estea dando o “estirón” e se confirme como unha das bases da nosa cultura.

Ata aquí a miña pequena homenaxe, o meu amor a miña cultura, ao meu idioma e a sumar, sempre a sumar cultura veña de donde veña porque será bo para todos.

Vivan as letras galegas!

Viva Rosalía!

E viva Castelao!

Paulo Campos

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s